Skip to main content

Un lugar desprazado coma o meu corpo (Sabela Eiriz)

Category
Exposicións
Date
19/04/2024 19:00
Venue
Galería Néboa - Calle Lamas de Prado, Lugo, A Milagrosa, Lugo, Galicia, 27004, España
Telephone
Email
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

O vindeiro venres 19 de abril ás 19:00h inagúrase a mostra individual Un lugar desprazado coma o meu corpo de Sabela Eiriz na Galería NÉBOA (Lamas de Prado 31, Lugo).

“Digo «lugar» e estou mentindo, porque este sitio non existe. Este limbo (que nin é urbanita nin é rural) ubícase nunha nota ao marxe que pasa desapercibida na lectura. Non existe nos mapas porque se reflicte nos corpos: é a terceira beira dun regato artificial, no medio do medio. Tampouco hai ubicación temporal: quedamos suspendidas nun retorno eterno, na busca perenne dun oco na vida. Unha ollada ou un reflexo dilátanse na imaxe, coma se estiveran agardando pacientemente a que alguén veña e as mire, a que alguén as vexa”. Sabela Eiriz.

Sabela Eiriz (Lugo, 1991) é unha artista multidisciplinar que traballa fundamentalmente coa fotografía, a escritura e o vídeo, cunha linguaxe baseada na poética, nas posibilidades expresivas das imaxes e na hibridación de formas e formatos. No seu traballo, combina unha aproximación conceptual cun hábito contemplativo, entrelazando experiencia, pensamento e emoción. A memoria, o tempo, a identidade, así como a metarreflexión sobre a imaxe e os procesos creativos, son protagonistas habituais nos seus proxectos.

 
 

All Dates

  • 19/04/2024 19:00

Powered by iCagenda

Calendario

Lun Mar Mer Xov Ven Sab Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31