En la carretera vieja (Libro)
Catalina, unha galerista de arte, morre intoxicada por cogomelos. Nun principio parece unha morte accidental; despois xorden dúbidas de se puido ser un envelenamento intencionado.
A vítima deixara redactada a súa necrolóxica póstuma, indicando quen podía ou non asistir ao seu funeral. Rompera co seu influente e respectada familia moitos anos atrás.
A súa parella estaba a serlle infiel cunha profesora de Botánica. E ela estaba en psicoterapia cunha psiquiatra que non achega nada significativo sobre o ocorrido.
Á súa vez, o seu inquilino e amigo, investigador da facultade de Ciencias, ten medo e desaparece cando ela morre. O equipo do inspector Zalo Alonso e a forense Carmela Archer ocuparase de esclarecer estas estrañas circunstancias.
Que hai detrás de todos eses feitos? Que esconde a súa morte?
All Dates
- 04/04/2024 19:00
Powered by iCagenda